miércoles, 22 de julio de 2015

Anécdotas Celestes : La visión de Juan Baliño Ledo .




- Interesante es el artículo que ha rescatado Martín desde delcelta.com e historiadoceltadevigo.net . Dicho artículo fue escrito a finales de los años cuarenta por uno de los artífices de la fusión que dio nacimiento al Real Club Celta : Don Juan Baliño Ledo . En él nos daremos cuenta de la gran visión que tuvo Baliño , siendo consciente de casos que están ocurriendo a día de hoy con el fútbol más profesionalizado .
A continuación citaré las palabras de Juan Baliño , escritas en gallego y que posteriormente traduciré al castellano para que todos podáis disfrutar del intelecto de uno de los paladines que dieron vida a nuestro sentimiento .



Juan Baliño Ledo, en Vigo , no mes de Agosto de 1948 , escribiú :

" O nacemento do " Celta " foi un parto a termo . Xurdiu cando tiña que xurdir , nin antes nin despois . Ata que se produciu a organización do fútbol español , permitían que nunha cidade do tipo de Vigo puidesen convivir perfectamente dous grandes clubs , como o " Vigo " e o " Fortuna " . E que unha pequena urbe ou o modesto arrabalde dunha poboación importante , como Irún ou Guecho , contasen con equipos campións de España .

Pero ao ser regulamentado o profesionalismo , só as urbes que contasen por millóns os seus habitantes poderían permitirse o luxo de soster dous grandes equipos e só as poboacións de tipo medio , de cen mil habitantes para arriba , estarían capacitadas para sufragar os gastos dun só . Por iso tiveron que fusionarse o " Fortuna " e o " Vigo " . Por iso desapareceron como grandes equipos , o " Arenas de Guecho " e a " Real Unión " de Irún . Por iso non tardaron en descender á segunda e terceira división da Liga equipos que están na conciencia de todos .

Hai un feito que evidencia a marabillosa oportunidade do nacemento do " Celta ". E é o de que no mesmo ano en que este nacemento tivo lugar e Vigo logrou con el un club de potencialidade económica superior á suma dos absorbidos " Vigo " e " Fortuna " , catro dos seus máis vigorosas figuras Otero , Isidro , Chiarroni e Ramón González , foron captadas por outro club . Se o novo " Celta " , con toda a súa puxanza e poderío , non tivo forza abonda para evitar a deserción daqueles catro xogadores , haberá que deducir que o " Vigo " ou o " Fortuna " serían incapaces de reter ningún dos seus , e que marcharían con velocidade acelerada pola senda da súa extinción .

O " Celta " foi xerado , pois , polo profesionalismo . Creo que sería máis exacto dicir que o profesionalismo foi quen matou ao " Vigo " e ao " Fortuna " . Como , se Deus e os reitores da Federación Nacional non o remedian , serán os que maten o fútbol español . Porque tal como as cousas se van poñendo , só poderán gozar do fútbol de primeira categoría as seis ou sete maiores cidades españolas . Elas absorberán , pola forza das recadacións semanais que proporcionan de setenta a cen mil espectadores e das cotas de vinte a corenta mil socios , cantos xogadores saiban pegar ao balón con certa habilidade .

E isto , a máis de constituír un mal para o deporte , é tamén unha inxustiza . Porque así como cada desprazamento que un " Celta " ou outro grande equipo dunha cidade de tipo medio fan a Madrid ou Barcelona , proporcionan a estas capitais recadacións que se achegan ao millón de pesetas , o " Madrid " ou o " Barcelona " nunca lograrán para as despachos de billetes de Balaídos a terceira parte daquela cantidade .

Os recentes traspasos de Pahíño e Muñoz constitúen para nós un serio aviso . E tamén un precedente ao que nos debemos ir acostumando . Cada vez que un xogador do " Celta " saia en auténtico " ás " , xa podemos ir pensando no seu inevitable traspaso a Madrid , Barcelona , Sevilla ou Valencia .

Faixe preciso arbitrar medidas para deter este proceso de desaparición do gran fútbol nas cidades de tipo medio . Sen meditar máis a fondo sobre o problema , ocórrenseme de momento dous de indiscutible eficacia , a participación a un tanto por cento do equipo visitante en todas as recadacións que proporcione ao visitado , e que os gastos de desprazamento de todos os equipos corran a cargo da Nacional a que axudaría a eles coas cotas que os clubs o aboasen en proporción á súa capacidade económica . Se o verdadeiro espírito do deporte inspira os actos dos reitores dos grandes clubs españois , é segura a súa conformidade a medidas da natureza das expostas . Porque opoñerse a elas equivalería a poñer de manifesto que rexen aqueles clubs co criterio con que un mercachifle calquera dirixe o seu negocio .

O deporte do fútbol transformouse en España nun espectáculo , pola inxente desproporción entre o número dos que o practican e o dos que o contemplan . O noventa por cento dos espectadores non acoden aos estadios a ver bo fútbol , senón a ver gañar ao seu equipo favorito . De aquí que o número de espectadores e a importancia das recadacións estea en razón directa das probabilidades de gañar do equipo local . Este a vai desasistido dos seus seguidores se camiña pola senda da constante derrota .

Cando a masa de espectadores dun equipo de fútbol ten o seu domicilio fóra dos límites da cidade en que o equipo radica , a fortaleza deste equipo constitúe un magnifico negocio para tal cidade . Porque cada espectador forasteiro é un turista nesta urbe e como tal un consumidor e tamén un propagandista desta . Este é o caso de Vigo e do Celta . E por iso as corporacións públicas de Vigo , as súas entidades económicas e canto en Vigo é industria e comercio , ten o ineludible deber de subvencionar ao club , para que este poida contar cun equipo potente que , dando satisfacción coas súas vitorias a aqueles forasteiros , sosteña e aínda acrecente o seu número .

A historia do " Celta " corre paralela coa vida de " Handicap " . E é que " Handicap " enche por si só un capítulo da historia deportiva de Vigo dende que esta se inicia nos cadros do dique . A xa lendaria rivalidade do " Vigo " e o " Fortuna " , tan fecunda para o fútbol vigués , tivo en " Handicap " o seu máis fervoroso inspirador . Eu prézome de gozar da íntima amizade daquel home intelixente , bo e xeneroso , que tiña a ialma acendida polo lume do seu inmenso cariño a Vigo . Como tantos outros , tamén gustei o feitizo da súa absorbente personalidade , que convertía en amigos apaixonados ou en adversarios vehementes a cantos cruzaban con el a palabra .

O prestixio de " Handicap " no mundo do deporte español foi insuperable . Foron moitas as Asembleas Nacionais de fútbol e de atletismo ás que eu houben de asistir en representación do deporte galego , e cando en Madrid me atopaba cos federativos e cronistas de todas as rexións , as súas primeiras palabras eran sempre para preguntarme por " Handicap " , para coñecer o pensamento de " Handicap " , para interesarse pola saúde de " Handicap " .

Manuel de Castro , " Handicap " , non puido ser nunca un crítico de deporte imparcial , porque o seu amor a Vigo e ao deporte vigués cegaban a súa obxectividade e convertíano nun crítico apaixonado . Cando era seleccionador nacional , unha das súas maiores preocupacións consistía en poder incluír algún xogador de Vigo no noso equipo representativo . Moitas veces díxome que el non concibía o equipo nacional sen que un vigués ocupase algún dos seus postos . Adoitabamos acudir xuntos ás vellas " catedrais " de Coia e Bouzas para ver xogar aos nosos equipos , e era de ver o seu infantil alborozo ao lograr estes a vitoria . Xa non resultaba tan doado observalo nos momentos da derrota , pois cando presentía o fracaso sabía fuxir do campo con tan rara habilidade , que ninguén se decataba da súa fuga .

Presinto para esta historia do " Celta " un éxito superior ás máis optimistas ilusións dos seus autores . A cantos alcanzamos a madureza , proporcionaranos este libro unha estimulante inxección de xuventude . E aos que , para o seu dita , naceron á vida cando xa o " Celta " existía , o libro mostraralles a longa , tenaz e porfiada loita , chea de tropezos dolorosos , que tivo que soportar noso primeiro club de fútbol , ata ser o que hoxe é , o máis caracterizado expoñente do deporte da nosa amada Galiza " .



                                         -------------------------------------------------------------

      

Juan Baliño Ledo, en Vigo , en el mes de Agosto de 1948 , escribió :

" El nacimiento del " Celta " fue un parto a término . Surgió cuando tenía que surgir , ni antes ni después . Hasta que se produjo la organización del fútbol español , permitían que en una ciudad del tipo de Vigo pudiesen convivir perfectamente dos grandes clubes , como el " Vigo " y el " Fortuna " . Y es que una pequeña urbe o el modesto arrabalde de una población importante , como Irún o Guecho , contasen con equipos campeones de España .

Pero al ser reglamentado el profesionalismo , solo las ciudades que contasen por millones sus habitantes podrían permitirse el lujo de sostener dos grandes equipos y solo las poboaciones de tipo medio , de cien mil habitantes para arriba , estarían capacitadas para sufragar los gastos de uno solo . Por eso tuvieron que fusionarse el " Fortuna " y el " Vigo " . Por eso desaparecieron como grandes equipos , el " Arenas de Guecho " y la " Real Unión " de Irún . Por eso no tardaron en descender a la segunda y tercera división de la Liga equipos que están en la conciencia de todos .

Hay un hecho que evidencia la maravillosa oportunidad del nacimiento del " Celta ". Y es el de que en el mismo año en el que este nacimiento tuvo lugar y Vigo logró con él un club de potencialidad económica superior a la suma de los absorbidos " Vigo " y " Fortuna " , cuatro de sus más vigorosas figuras Otero , Isidro , Chiarroni y Ramón González , fueron captadas por otro club . Si el nuevo " Celta " , con toda su pujanza y poderío , no tuvo demasiada fuerza para evitar la deserción de aquellos cuatro jugadores , habrá que deducir que el " Vigo " o el " Fortuna " serían incapaces de retener ninguno de los suyos , y que marcharían con velocidad acelerada por la senda de su extinción .

El " Celta " fue generado , pues , por el profesionalismo . Creo que sería más exacto decir que el profesionalismo fue quien mató al " Vigo " y al " Fortuna " . Como , si Dios y los rectores de la Federación Nacional no lo remedian , serán los que maten el fútbol español . Porque tal como se están poniendo las cosas , solo podrán gozar del fútbol de primera categoría las seis o siete mayores ciudades españolas . Ellas absorberán , por la fuerza de las recaudaciones semanales que proporcionan de setenta a cien mil espectadores y de las cuotas de veinte a cuarenta mil socios , cuantos jugadores sepan pegar al balón con cierta habilidad .

Y esto , además de constituir un mal para el deporte , es también una injusticia . Porque así como cada desplazamiento que un " Celta " u otro gran equipo de una ciudad de tipo medio hacen a Madrid o Barcelona , proporcionan a estas capitales recaudaciones que se acercan al millón de pesetas , el " Madrid " o el " Barcelona " nunca lograrán para los despachos de billetes de Balaídos la tercera parte de aquella cantidad .

Los recientes traspasos de Pahíño y Muñoz constituyen para nosotros un serio aviso . Y también un precedente a lo que nos debemos ir acostumbrando . Cada vez que un jugador del " Celta " salga un auténtico " ás " , ya podemos ir pensando en su inevitable traspaso al Madrid , Barcelona , Sevilla o Valencia .

Es preciso arbitrar medidas para detener este proceso de desaparición del gran fútbol en las ciudades de tipo medio . Sin meditar más a fondo sobre el problema , se me ocurren de momento dos de indiscutible eficacia , la participación a un tanto por ciento del equipo visitante en todas as recaudaciones que proporcione al visitado , y que los gastos de desplazamiento de todos los equipos corran a cargo de la Nacional que ayudaría a ellos con las cuotas que los clubes lo abonasen en proporción a su capacidad económica . Si el verdadero espíritu del deporte inspira los actos dos rectores de los grandes clubes españoles , es segura su conformidad a las medidas de la naturaleza de las expuestas . Porque oponerse a ellas equivaldría a poner de manifiesto que rigen aquellos clubes con el criterio con el que un mercachifle cualquiera dirige su negocio .

El deporte del fútbol se transformó en España en un espectáculo , por la ingente desproporción entre el número de los que lo practican y de los que lo contemplan . El noventa por ciento de los espectadores no acuden a los estadios a ver buen fútbol , sino a ver ganar a su equipo favorito . De aquí que el número de espectadores y la importancia de las recaudaciones esté en razón directa de las probabilidades de ganar como equipo local . Este va desasistido de sus seguidores si camina por la senda de la constante derrota .

Cuando la masa de espectadores de un equipo de fútbol tiene su domicilio fuera de los límites de la ciudad en el que radica el equipo , la fortaleza de este equipo constituye un magnifico negocio para tal ciudad . Porque cada espectador forastero es un turista en esta urbe y como tal un consumidor y también un propagandista de ésta . Este es el caso de Vigo y del Celta . Y por eso las corporaciones públicas de Vigo , sus entidades económicas y en cuanto Vigo es industria y comercio , tiene el ineludible deber de subvencionar al club , para que este pueda contar con un equipo potente que , dando satisfacción con sus victorias a aquellos forasteros , sostenga y aún aumente su número .

La historia del " Celta " corre paralela con la vida de " Handicap " . Y es que " Handicap " es por si solo un capítulo de la historia deportiva de Vigo desde que ésta se inicia en los cuadros del dique . La ya legendaria rivalidad del " Vigo " y el " Fortuna " , tan fecunda para o fútbol vigués , tuvo en " Handicap " su más fervoroso inspirador . Yo me aprecio de gozar de la íntima amistad de aquel hombre inteligente , bueno y generoso , que tenía el alma encendida por el fuego de su inmenso cariño a Vigo . Como tantos otros , también degusté el hechizo de su absorbente personalidad , que convertía en amigos apasionados o en adversarios vehementes a cuantos cruzaban con él la palabra .

El prestigio de " Handicap " en el mundo del deporte español fue insuperable . Fueron muchas las Asambleas Nacionales de fútbol y de atletismo a las que yo tuve que asistir en representación del deporte gallego , y cuando en Madrid me encontraba con los federativos y cronistas de todas las regiones , sus primeras palabras eran siempre para preguntarme por " Handicap " , para conocer el pensamiento de " Handicap " , para interesarse por la salud de " Handicap " .

Manuel de Castro , " Handicap " , no pudo ser nunca un crítico de deporte imparcial , porque su amor a Vigo y al deporte vigués cegaban su objetividad y le convertían en un crítico apasionado . Cuando era seleccionador nacional , una de sus mayores preocupaciones consistía en poder incluir algún jugador de Vigo en nuestro equipo representativo . Muchas veces me dijo que él no concibía el equipo nacional sin que un vigués ocupase alguno de sus puestos . Nos acostumbrábamos a acudir juntos a las viejas " Catedrales " de Coia y Bouzas para ver jugar a nuestros equipos , y era de ver su infantil alborozo al lograr éstos la victoria . Ya no resultaba tan fácil observarlo en los momentos de derrota , pues cuando presentía o fracaso sabía huir del campo con tan rara habilidad , que nadie se enteraba de su fuga .

Presiento para esta historia del " Celta " un éxito superior a las más optimistas ilusiones de sus autores . A cuantos alcanzamos la madurez , nos proporcionará este libro una estimulante inyección de juventud . E a los que , para su dicha , vinieron a la vida cuando ya el " Celta " existía , el libro les mostrará la larga , tenaz y porfiada lucha , llena de tropiezos dolorosos , que tuvo que soportar nuestro primer club de fútbol , hasta ser el que hoy en día es , el más caracterizado exponente del deporte de nuestra amada Galicia " .



Juan Baliño Ex-presidente de las Federaciones gallegas de fútbol y atletismo .

No hay comentarios:

Publicar un comentario